'39 é unha canción da banda de rock inglesa Queen, escrita polo seu guitarrista Brian May e editada na cara B do sinxelo "You're My Best Friend",[1] extraído do álbum A Night at the Opera, lanzado en 1975.[2] A canción é cantada por Brian May e foi definida como unha "balada folk".
Na versión de estudio a canción foi interpretada por Brian May, mentres que nos concertos era Freddie Mercury quen a interpretaba, como se pode escoitar no disco en directo Live Killers.
Afirmouse que a inspiración para a letra a canción podería provir da obra de Hermann Hesse.[3] Tamén se especulou con que a letra da canción podería estar relacionada co comezo da segunda Guerra Mundial e a partida de soldados á fronte.[4] Con todo, o seu propio autor declararía que a canción "trata sobre alguén que se vai e abandona a súa familia, e que, cando volve, para el só pasou un ano pero a súa familia envelleceu cen anos",[3] en alusión á teoría da relatividade e o efecto de dilatación do tempo.[5]
Durante o concerto en tributo a Freddie Mercury só foi presentada a primeira estrofa e o coro desta canción, interpretada por George Michael. Esta canción tamén foi interpretada durante as xiras de Queen + Paul Rodgers e servía, comunmente, para que Brian presentase os músicos que completaban a banda.
A banda española Mago de Oz ten unha versión desta canción titulada "Resacosix en la barra", que aparece no seu disco de 2007 "La ciudad de los árboles". A canción "'39" é a número 39 da discografía de Queen.[n. 1]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente