007 Casino Royale

007 Casino Royale
Ficha técnica
DirectorMartin Campbell
ProdutorMichael G. Wilson
Barbara Broccoli
GuiónNeal Purvis
Robert Wade
Paul Haggis
Baseado enCasino Royale de Ian Fleming
IntérpretesDaniel Craig
Eva Green
Mads Mikkelsen
Giancarlo Giannini
MúsicaDavid Arnold
FotografíaPhil Meheux
MontaxeStuart Baird
EstudioEon Productions
Stillking Films
Babelsberg Film
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Columbia Pictures
Estrea14 de novembro de 2006
Duración144 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
República Checa República Checa
Alemaña Alemaña[1]
Italia Italia
Orzamento150.000.000$
Recadación599.000.000[2]
Filme anteriorDie Another Day
Filme seguinteQuantum of Solace
Na rede
http://www.sonypictures.com/movies/casinoroyale/site e https://www.007.com/the-films/casino-royale/
IMDB: tt0381061 Filmaffinity: 535093 Allocine: 58525 Rottentomatoes: m/casino_royale Mojo: jamesbond21 Allmovie: v292159 TCM: 630430 Metacritic: movie/casino-royale TV.com: movies/casino-royale-2009
Facebook: CasinoRoyaleMovie BNE: XX5591485 Netlix: 70044604 Editar o valor en Wikidata

007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker. O arco da historia continúa nas seguintes películas de Bond Quantum of Solace (2008), Skyfall (2012) e Spectre (2015) .

Casino Royale reinicia a serie, creando unha nova liña de tempo e a narrativa marco non debería preceder ou seguir calquera dos títulos anteriores[3][4], o que lle permite á película amosar un Bond menos experimentado e máis vulnerable[5]. Adicionalmente, por primeira volta desaparece  totalmente o personaxe da señorita Moneypenny[6]. A selección de actores implicou a procura  dun novo actor para interpretar a James Bond, e houbo controversia ao elixirse a Craig como sucesor de Pierce Brosnan en outubro de 2005. A rodaxe realizouse na República Checa, Bahamas, Italia e o Reino Unido. Os interiores construíronse nos estudios Barrandov e Pinewood. Aínda que parte da trama transcorre en Montenegro, non se filmou toma ningunha alí. Eon Productions produciu Casino Royale para Metro-Goldwyn-Mayer e Columbia Pictures, a primeira película de Bond producida por Eon e coproducida por Columbia

A estrea de Casino Royale foi no Odeon Leicester Square o 14 de novembro de 2006. Recibiu críticas positivas, salientando o papel de Craig na renovación do personaxe, e a saída dos tópicos dos anteriores filmes. Recadou case 600.000.000 de dólares en todo o mundo, a maior recadación dos filmes de James Bond ata Skyfall en 2012. Estreouse en galego na TVG o 5 de agosto de 2012[7] .

  1. "CASINO ROYALE (2006)". Film & TV Database. London: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  2. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome BOM-CR
  3. Robey, Tim (12 de xaneiro de 2011). "Sam Mendes may have problems directing new James Bond movie". The Daily Telegraph (London). 
  4. "IGN: Interview: Campbell on Casino Royale". IGN.com. IGN Entertainment, Inc. 19 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  5. "New James Bond Proves Worthy of Double-0 Status". Space.com. 21 de outubro de 2006. Consultado o 16 June 2007. 
  6. Reynolds, Simon (8 July 2011). "Naomie Harris confirmed as 'James Bond 23's Miss Moneypenny". Digital Spy. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  7. "Programación de TVG para mañana sabado", Diario Siglo XXI, 3 de agosto de 2012

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne