1984 | |
---|---|
![]() George Orwell-1984 | |
Título orixinal | Nineteen Eighty-Four |
Autor/a | George Orwell |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Tema(s) | surveillance state, dereitos humanos, Liberdade de pensamento e Totalitarismo |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Secker and Warburg |
Data de pub. | 1948 |
Formato | Libro |
Páxinas | 326 |
Premios | |
Primeira edición galega | |
Tradución | Fernando Moreiras |
Editorial | Faktoría K |
Data de pub. | 2011 |
Páxinas | 416 |
ISBN | ISBN 978-84-15250-16-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
1984 (en inglés Nineteen Eighty-Four[1]) é o título dunha novela de política ficción distópica escrita por George Orwell en 1948 e editada en 1949. Na novela o estado omnipresente obriga a cumprir as leis e normas aos membros do partido totalitario mediante o adoutrinamento, a propaganda, o medo e o castigo desapiadado. A novela introduciu os conceptos do sempre presente e vixiante Grande Irmán, do notorio cuarto 101, da ubicua policía do pensamento e da neolingua, adaptación do inglés na que se reduce e se transforma o léxico —o que non está na lingua, non pode ser pensado.
Moitos comentaristas detectan paralelismos entre a sociedade actual e o mundo de 1984, suxerindo que estamos comezando a vivir no que se coñeceu como sociedade orwelliana. O termo orwelliano converteuse en sinónimo das sociedades ou organizacións que reproducen actitudes totalitarias e represoras como as representadas na novela. A novela foi un éxito en termos de vendas e converteuse nun dos libros máis influentes do século XX.
É considerada como unha das obras cume de triloxía das antiutopías de principios do século XX (ou a tamén chamada ciencia ficción distópica), xunto á novela de 1932 Un feliz mundo novo (Brave new world), de Aldous Huxley; e Fahrenheit 451 de Ray Bradbury.
A obra Nós escrita por Evgeny Zamiatin en 1921 influíu moito na novela.