Imaxe | ![]() |
---|---|
Cor | Branco e negro e cor |
Fundación | 2000 |
Xénero | Información xeral |
País | España |
Cidades | Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Granada e Córdoba |
Ámbito | España |
Idioma | Español |
Periodicidade | Diaria (de luns a venres) |
Publicación | Matutina |
Tirada | 278.239 u/día (OJD)[1] |
Prezo unitario | Gratuíto |
Empresa editora | Multiprensa y M@s |
Fundador | José Antonio Martínez Soler |
Director xeral | José Antonio Martínez Soler |
Director editorial | Arsenio Escolar |
Director comercial | Luis Alberto Rivero |
20 minutos é un xornal de información xeral e distribución gratuíta con edicións locais en 14 cidades españolas, que se publica de luns a venres.
Publícase baixo unha licenza de Creative Commons que permite a calquera libremente copiar, distribuír, amosar, facer traballos derivativos e facer uso comercial dos seus contidos, con algunhas condicións. Adicionalmente, o xornal pode ser descargado do seu sitio web.