22, A Million | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bon Iver | ||||
Publicado | 30 de setembro de 2016 | |||
Gravación | 2012-2016 | |||
Duración | 34:10 | |||
Xénero(s) | folktronica, art pop, electrónica | |||
Selo(s) | Jagjaguwar | |||
Produtor | April Base | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
22, A Million é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 30 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar.[1] Foi gravado no estudio de Justin Vernon en Eau Claire, Wisconsin, e marcou un cambio no son da banda, incorporando elementos de música electrónica e hip hop, e facendo un grande uso de samples, sintetizadores e efectos. Vernon afirmou que case todos os sons do disco foron creados e manipulados usando un sintetizador Teenage Engineering OP-1, xunto con software deseñado especialmente para a banda por Chris Messina.
O álbum estreouse no número 2 da lista Billboard 200 e en xeral foi moi ben recibido pola crítica, que loubou o seu son orixinal e as coloridas letras. Varias publicacións, incluídos Pitchfork Media, Rolling Stone e The Guardian, listaron 22, A Million como un dos mellores discos do 2016. Tamén foi nomeada nos Grammy de 2017 aos premios ao mellor álbum de música alternativa e á mellor embalaxe.