4:13 Dream | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Cure | ||||
Publicado | 27 de outubro de 2008 | |||
Gravación | 2006 - 2008 | |||
Duración | 52:28 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, post-punk | |||
Selo(s) | I AM, Geffen | |||
Produtor | Robert Smith, Keith Uddin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
4:13 Dream é un álbum da banda inglesa The Cure, editado o 27 de outubro do 2008 polo selo Geffen Records despois de anunciarse varias datas previas.
Orixinalmente concibiuse como disco dobre e nas sesións de gravación rexistráronse 33 temas, pero finalmente lanzouse como un único disco. Sacáronse catro sinxelos do álbum, pero ningún foi acompañado de vídeos musicais. 4:13 Dream tivo unha recepción desigual por parte da crítica especializada, e a día de hoxe[cando?] leva vendidas ao redor de 200 000 copias en todo o mundo.