8madrid | |
---|---|
Inicio das emisións | marzo de 2006 |
Propiedade de | Televisión Digital Madrid S.L.U. |
Formato da imaxe | 4:3 |
Datos de audiencia | 0,7% (outubro de 2012, FormulaTV) |
Slogan | Cada vez, más |
País | ![]() |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Comunidade de Madrid |
Sede central | Madrid |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | Alcalá de Henares: 46 Alcobendas: 51 Parla:28 Aranjuez: 21 Collado Villalba: 29 Fuenlabrada: 42 Madrid: 39 Móstoles: 30 Pozuelo de Alarcón: 23 San Martín de Valdeiglesias: 51 Soto del Real: 35 |
Cable | |
ONO | Dial 988 |
Na rede
| |
Páxina web de 8madrid |
8madrid é unha canle madrileña de televisión local de carácter autonómico, que emite na Comunidade de Madrid. Pertence a Televisión Digital Madrid S.L.U., grupo xestionado polo presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.
A oferta de 8madrid TV está baseada principalmente no cine nacional e internacional, xa que a oferta cinematográfica de Enrique Cerezo conta cun catálogo de máis de 3000 películas. A cadena emite cine sen cortes publicitarios nun 80%. O resto da programación da canle está composta por series, debuxos animados, programas de cociña, ademais de telenovelas e cine erótico de madrugada.
En abril de 2008, 8madrid chega a un acordo con CRN para a produción dos informativos locais, baixo a marca CRN Madrid. Esta colaboración mantívose ata comezos de 2010, cando a canle decidiu producir os seus propios informativos.