90482 Orcus

90482 Orcus 🝿
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto por M. Brown,
C. Trujillo,
D. Rabinowitz
Descuberto o 17-02-2004
Designación no Mpc 90482 Orcus
Nome alternativo 2004 DW
Categoría no Mpc Plutino[2][3]
Candidato a plutoide
Características orbitais[1]
Época= 23-07-2010 (2 455 400,5 ax)
Afelio 7.191,17 Gm (48,07 UA) (Q)
Perihelio 4.528,33 Gm (30,27 UA) (q)
Eixo semi-maior 5.860,18 Gm (39,173 UA)
Excentricidade 0,22718
Período orbital 89.552 d (245,18 ax)
Inclinación 20,573°
Anomalía media 166,38° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 268,606°
Argumento do perihelio 73,031°
Satélites Vanth
Características físicas
Diámetro 946,3+74,1
−72,3
km[4]
850 ± 90 km[5]
Masa 6,32 ± 0,05 x 1020 kg (o sistema enteiro)[6]
Densidade 1.5 ± 0.3 g/cm³ (comparable á da lúa Caronte)[6]
Gravidade superficial ~0,23 m/s²
Velocidade de escape ~0.44 km/s
Período de rotación 13,188 h[7]
Tipo espectral neutral[7]
B-V=0,68; V-R=0,37[8]
Albedo 0,28 ± 0,04[6]
19,75 +3,40
−2,76
%[4]
Magnitude aparente 19,1 (en oposición)[9][10]
Magnitude absoluta 2,3[1] (2,27 ± 0,05)[6]
Lúa: 4,88 ± 0,05[6]
Temperatura superficial <44 K[7]

90482 Orcus é un grande obxecto do cinto de Kuiper (KBO) cunha lúa de gran tamaño, Orcus posiblemente sexa un planeta anano. Foi descuberto o 17 de febreiro do ano 2004, por Michael Brown do Caltech, Chad Trujillo do Observatorio Gemini, e David Rabinowitz da Universidade Yale. Posteriormente sería recuperado en imaxes que nos retrotraen ata o 8 de novembro de 1951.[1] Orcus é un plutino, ancorado nunha resonancia orbital de 3:2 con Neptuno, facendo dúas revolución ó redor do Sol, mentres Neptuno fai tres. A órbita de Orcus é moi semellante á de Plutón, excepto que sempre está en oposición respecto de Plutón: cando Orcus está no seu afelio, Plutón está no seu perihelio e viceversa. A causa disto, e o que hai que sumarlle a gran lúa que pouse Orcus, de nome Vanth, que nos lembra moito a gran lúa de Plutón Caronte, Orcus é visto coma o anti-Plutón. Isto foi unha das principais razóns polas que se lle escolleu o seu nome actual, a deidade Orcus era o equivalente na mitoloxía etrusca do Plutón da mitoloxía romana.[11]

A superficie de Orcus é relativamente brillante cun albedo que acada case o 30%, é gris de cor e rica en auga. Este xeo está predominantemente en forma cristalina, o cal podería indica-la presenza de actividade criovolcánica nun pasado recente. Compostos coma o metano ou o amoníaco tamén poderían estar presentes. A existencia dun satélite permítelles ós astrónomos determina-la masa do sistema, a cal é aproximadamente igual á da lúa Tetis de Saturno. A proporción das masas de Orcus e Vanth non foi concretada, posiblemente está nalgún punto entre 1:33 a 1:12. O diámetro de Orcus é duns 800–900 km, mentres que o de Vanth podería estar entre os 280 ós 380 km, dependendo do albedo que en realidade posúa cada corpo.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "JPL Small-Body Database Browser: 90482 Orcus (2004 DW)". 09-02-2010 últimas observacións. Consultado o 31-12-2010. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Buie
  3. Minor Planet Center, ed. (11-03-2009). "MPEC 2009-E53 :Distant Minor Planets (2009 MAR. 30.0 TT)". Consultado o 05-07-2011. 
  4. 4,0 4,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Stansberry 2007
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Lim2010
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Brown2010
  7. 7,0 7,1 7,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Barucci2008
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome deBergh2005
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome AstDys
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Horizons
  11. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome MBP

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne