"A Beautilful Lie" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de 30 Seconds to Mars | |||||
do álbum A Beautiful Lie | |||||
Lanzamento | 29 de xaneiro de 2008 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2007 | ||||
Xénero musical | metal alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 7:55 | ||||
Discográfica | Virgin Records | ||||
Produtor(es) | Josh Abraham | ||||
Escritor(es) | Jared Leto | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"A Beautiful Lie" é o cuarto sinxelo da banda 30 Seconds to Mars do álbum "A Beautiful Lie". O final do vídeo de "From Yesterday", o seu terceiro sinxelo, é tocada a primeira parte de "A Beautiful Lie", dando a coñecer que este sería o seu próximo sinxelo. O 2 de maio de 2007, anunciouse na páxina oficial de 30 Seconds to Mars. A banda non podía decidir se o seu próximo sinxelo sería "A Beautiful Lie" ou "The Fantasy". Ambas as cancións "contiñan mensaxes que desexabamos dar a coñecer". Nunha entrevista durante a súa xira europea, o vocalista da banda, Jared Leto, dixo que o vídeo para "A Beautiful Lie" estaría rematado para xuño ou a máis tardar xullo.
De acordo a EMI Xapón, o vídeo para "A Beautiful Lie" ía ser filmado tanto en Alasca, como no Polo Norte. Porén, Jared Leto decidiu cambiar o sitio a Groenlandia e a banda comezou a gravar o 29 de agosto. No sitio de Yahoo! Music saíu a data de lanzamento deste vídeo, cambiando do 12 de novembro ó 5 de decembro de 2007.
Jared Leto ademais dixo nunha entrevista por teléfono con 99X en Atlanta que o vídeo sería como un filme e un documental. En Yahoo! Music Premieres foi anunciado que o vídeo non ía ser lanzado ata 2008, o 16 de xaneiro concretamente. O 29 de xaneiro apareceu na páxina MySpace, pero EMI Records reclamou o Copyright do vídeo e a páxina eliminouno, ó igual que ocorreu con YouTube. Ó parecer, o vídeo filtrouse pola rede, o mesmo que sucedeu co CD "A Beautiful Lie". O vídeo trata, máis que nada, de crear unha conciencia sobre os efectos que produce o home polo sobre uso dos recursos que ten ó seu alcance, ou sexa, sobre o Quentamento Global. Ademais, creouse unha web para apoiar esta causa: ABeautifulLie.org