A Moon Shaped Pool | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Radiohead | ||||
Publicado | 8 de maio de 2016 | |||
Gravación | 2014 - 2016 | |||
Estudio(s) | La Fabrique de Saint-Rémy-de-Provence | |||
Duración | 52:31 | |||
Xénero(s) | Art rock, chamber pop, art pop[1] | |||
Selo(s) | XL Recordings | |||
Produtor | Nigel Godrich | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
http://www.amoonshapedpool.com/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
A Moon Shaped Pool (en galego «unha poza con forma de lúa») é o noveno álbum de estudio da banda de rock británica Radiohead. Foi lanzado como descarga dixital o 8 de maio de 2016, e en formato CD e LP o 17 de xuño. A edición especial con dous temas extra e artwork adicional púidose adquirir desde o 28 de setembro.[2]
Radiohead traballou no álbum de forma intermitente dende o final da xira en 2012 do seu anterior disco, The King of Limbs. Foi gravado no estudo La Fabrique de Saint-Rémy-de-Provence (sur de Francia) con Nigel Godrich. Inclúe algúns temas escritos varios anos antes: «True Love Waits» data polo menos de 1995, «Burn the Witch» comezou a comporse sobre o 2000, e «Present Tense» é de 2008. No álbum predominan os arranxos para cordas e coro de Jonny Greenwood, interpretados pola London Contemporary Orchestra. A Moon Shaped Pool recibiu a aclamación da crítica e converteuse no sexto álbum de Radiohead en ser número 1 en Reino Unido.