A bamba | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Bamba |
Director | Luis Valdez |
Produtor | Bill Borden Taylor Hackford |
Guión | Luis Valdez |
Intérpretes | |
Música | Los Lobos Miles Goodman Carlos Santana |
Fotografía | Adam Greenberg |
Montaxe | Sheldon Kahn Don Brochu |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 108 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $6 500 000 |
Recadación | $54 200 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A bamba (en inglés: La Bamba) é un filme estadounidense de 1987 escrito e dirixido por Luis Valdez que conta a vida e a carreira da estrela rock Ritchie Valens. Está protagonizado por Lou Diamond Phillips como Valens, Esai Morales, Rosanna DeSoto, Elizabeth Peña, Danielle von Zerneck e Joe Pantoliano. O filme amosa os efectos que a carreira de Valens tivo na vida do seu medio irmán Bob Morales, a súa moza Donna Ludwig e o resto da súa familia.
En 2017, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[1]
Estreouse en galego o 7 de novembro de 1992 a través da TVG.[2]