A batalla de Endor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ewoks: The Battle for Endor |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de George Lucas |
Intérpretes |
|
Música | Peter Bernstein |
Fotografía | Isidore Mankofsky |
Montaxe | Eric Jenkins |
Estudio | Lucasfilm |
Distribuidora | Disney–ABC Domestic Television |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Filme anterior | A aventura dos Ewoks |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A batalla de Endor (en inglés: Ewoks: The Battle for Endor) é un telefilme estadounidense de 1985 ambientado no universo da guerra das galaxias coescrito e dirixido por Jim e Ken Wheat a partir dunha historia de George Lucas. Unha secuela de A aventura dos Ewoks, céntrase na personaxe de Cindel Towani, unha nena humana que despois de quedar orfa, únese ós ewoks para protexer a súa vila e derrotar os invasores que se fixeron co control da Lúa de Endor.
O filme está ambientado despois da serie animada Ewoks e antes dos eventos do Retorno do Jedi.[1] Tamén inclúe algúns dos eventos do primeiro filme.
Estreouse en galego o 26 de marzo de 1992 a través da TVG.[2]