A batalla dos deuses | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ドラゴンボールZ 神と神 Doragon Bōru Zetto: Kami to Kami |
Director | Masahiro Hosoda |
Produtor | Rioko Tominaga Gyarmath Bogdan |
Guión | Yūsuke Watanabe |
Baseado en | Dragon Ball de Akira Toriyama |
Intérpretes | Masako Nozawa Kōichi Yamadera Masakazu Morita Masaharu Satō Hiromi Tsuru Mayumi Tanaka Ryō Horikawa Toshio Furukawa Tōru Furuya Takeshi Kusao Jōji Yanami |
Música | Norihito Sumitomo |
Montaxe | Shinichi Fukumitsu |
Estudio | Toei Animation |
Distribuidora | Toei Company |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 85 minutos (cine) 105 minutos (Fuji TV)[2] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Recadación | $51 200 000[3] |
Filme anterior | O camiño cara ó máis forte |
Filme seguinte | A resurrección de F |
Na rede | |
http://www.dragonballz.com/battleofgods/ e http://www.dragonball2013.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A batalla dos deuses (ドラゴンボールZ 神と神 Doragon Bōru Zetto: Kami to Kami?), é o 18ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 14ª da etapa Dragon Ball Z, foi estreado no Xapón o 30 de marzo de 2013. É o primeiro filme de Dragon Ball en 17 anos que se estrea nos cines, sendo o anterior O camiño cara ó máis forte estreado en 1996 co gallo do décimo aniversario. Ó contrario que outros filmes de Dragon Ball, esta foi unha produción longa duración e non como parte de Toei Anime Fair (antigamente Toei Manga Matsuri).
É o primeiro filme xaponés da historia estreado en IMAX Digital Theaters, e foi lanzado en Blu-ray e DVD o 13 de setembro de 2013. A batalla dos deuses foi o primeiro filme considerado como parte oficial do argumento de Dragon Ball, e está ambientado no tempo do capítulo 517 do manga orixinal. De feito, o creador do manga, Akira Toriyama, estivo moi involucrado no proxecto.[4] O argumento trata sobre Beerus, o deus da destrución, que aprende sobre a derrota de Freezer a mans de Son Goku. Vendo en Son Goku un opoñente á súa altura, Beerus, xunto co seu compañeiro Whis, viaxa á Galaxia Norte para retar a Son Goku a unha batalla.[5] A primeira historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie da franquía Dragon Ball, volve contar os eventos de A batalla dos deuses. Algúns detalles foron alterados e algunhas escenas e diálogos foron engadidos para completar a trama arco de 14 episodios.
Foi estreado en galego o 12 de marzo de 2017 a través da tvG2.