A porta do ceo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Heaven's Gate |
Director | Michael Cimino |
Produtor | Joann Carelli |
Guión | Michael Cimino |
Intérpretes | |
Música | David Mansfield |
Fotografía | Vilmos Zsigmond |
Montaxe |
|
Estudio | Partisan Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 19 de novembro de 1980 29 de abril de 1992 (TVG) |
Duración | 219 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern épico |
Orzamento | 44 millóns de dólares[1] |
Recadación | 3,5 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
A porta do ceo (en inglés: Heaven's Gate) é un filme estadounidense de 1980 escrito e dirixido por Michael Cimino. Está protagonizado por Kris Kristofferson, Christopher Walken, Isabelle Huppert, Jeff Bridges, John Hurt, Sam Waterston, Brad Dourif, Joseph Cotten, Geoffrey Lewis, David Mansfield, Richard Masur, Terry O'Quinn, Mickey Rourke, Willem Dafoe e Nicholas Woodeson, estes dous últimos no seus debut nunha longametraxe. Vagamente baseado na guerra do Condado de Johnson, representa unha disputa entre terratenentes e inmigrantes europeos en Wyoming na década de 1890.
O filme foi o seguinte proxecto de Cimino logo do aclamado O cazador (1978), e foi rodado en localizacións de Montana e Idaho. A produción enfrontouse a numerosos contratempos, incluíndo sobrecostos, tomas extras importantes e mala prensa (incluíndo acusacións de abusos contra animais no set) e rumores sobre o suposto estilo autoritario de Cimino. Cimino tiña unha visión cara e ambiciosa para o filme, o que levou a que o orzamento fose catro veces máis alto do previsto.
Estreouse en galego o 29 de abril de 1992 na TVG.[3]