Nome na lingua orixinal | (en) A-League Men |
---|---|
Tipo | liga de fútbol |
Organizador | Federación de Fútbol de Australia |
Número de participantes | 10 |
Localización e Datas | |
País | Australia e Nova Zelandia |
Vixencia | 2004 – |
Calendario da tempada | outubro – maio |
Outro | |
Páxina web oficial | aleagues.com.au… |
A A-League (coñecida como Isuzu UTE A-League por motivos de patrocinio) é a máxima categoría de fútbol en Australia, equivalente á primeira división doutros países. Foi fundada no 2004 estabelecendo a súa tempada inicial en 2005-2006, e adoita celebrarse nos meses de primavera e verán.
A liga está composta por once equipos das cidades e rexións. Nove representan as localidades de maior importancia en Australia, ademais hai un equipo que representa a Nova Zelandia.[1] Xógase unha tempada regular, e ao termo da mesma, os seis primeiros loitan polo campionato. Por iso hai campión da temporada regular (premier) e campión absoluto.[2]
Inicialmente na OFC, desde o ano 2007 está adscrita á Confederación Asiática de Fútbol e os campións xogan as competicións internacionais da zona de Asia.