Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto masculino |
Organizador | Hellenic Basketball Sociétés Anonymes Association (en) |
Liga inferior | A2 Ethniki |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Grecia |
Vixencia | 1928 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | esake.gr |
A A1 Ethniki (en grego: Α1 Εθνική, A1 Nacional), coñecida por motivos de patrocinio como Stoiximan Basket League,[1] é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (en grego: ΕΣΑΚΕ, Esake, tamén coñecida en inglés como HEBA, Hellenic Basketball Clubs Association). O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por doce equipos que xogan entre eles entre os meses de outubro e xuño, xogando entre eles vinte e dous partidos de liga regular, cos oito mellores xogando un playoff para decidir o campión. Por outra banda, os dous último clasificados descenden á segunda categoría, a A2 Ethniki. Disputada por primeira vez na temporada 1927–28, tan só novo equipos diferentes conseguiron o título de campión, sendo o gran dominador o Panathinaikos, que gañou o campionato en máis de trinta ocasións. A liga grega está considereda como unha das 3 ou 5 mellores competicións domésticas do baloncesto europeo desde que se fan clasificacións das mesmas.