AC-11 Avenida de Alfonso Molina | |
---|---|
A avenida Afonso Molina na entrada á cidade. | |
Tipoloxía | Autovía urbana |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Lonxitude | 5,090[1] km |
Formato | tres carrís en cada sentido no inicio e dous carrís á chegada á cidade |
Localización | |
Inicio | Avenida de Linares Rivas (intersección coa AC-12 ) |
Fin | Ponte da Pasaxe (intersección coa AC-12 ) |
Circulación | |
Velocidade máxima | 80 km/h |
A AC-11, que recibe o nome de avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria de quen foi alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.
É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.
Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.