AC-14

AC-14
Autovía de acceso á Coruña
Vista dos viadutos do nó entre a AC-14 e a V-1.4 en Mesoiro, á altura do polígono de Pocomaco.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
LonxitudeAC-14 e AC-14AL suman 13 km
Localización
InicioSésamo  A-6 
FinAs Lonzas, A Coruña
(Avenida de Enrique Salgado Torres)

A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo[1] en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.

A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.

A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550[2].

  1. Descarga de información xeográfica Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia. Consultado o 17/08/2015.
  2. Entra en servicio el tramo entre A Zapateira y Ledoño de la tercera ronda de A Coruña www.lavozdegalicia.es, 14/04/2011 (en castelán).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne