AC-526

AC-526
Acceso ao Porto de Lorbé
(Vía Ártabra)
Mapa
Estrada AC-526
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude1,2 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio VG-1.3  Veigue
Fin  Porto de Lorbé 

A AC-526[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como o Acceso ao Porto de Lorbé da Vía Ártabra, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Veigue (Sada) e o Porto de Lorbé (Oleiros); atravesa os concellos de Sada e Oleiros. Ten unha lonxitude de 1,2 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-1.3 en Veigue (Sada) e finaliza no porto de Lorbé (Oleiros). Consta dunha sección de dous carrís de 3,5 metros de largo e beiravías de 1,5 m. A obra foi executada grazas a un convenio asinado en 2008[3] por Portos de Galicia e as Consellarías de Mar e Infraestruturas e tivo un investimento de 1.689.881,11 euros.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Política Territorial construirá un nuevo acceso al puerto de Lorbé como remate a la vía Ártabra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2008. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne