AG-13 Vía Ártabra | |
---|---|
Tipoloxía | autovía |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Dimensións | |
Lonxitude | (en servizo) 2 km |
Formato | 2 carrís en cada sentido máis beira vía |
Localización | |
Inicio | VG-1.3 P. K. 6 |
Fin | N-VI Iñás (nun futuro AP-9 ) |
Localidade | Oleiros |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil. |
Velocidade máxima | 80 km/h |
A AG-13 ou Vía Ártabra é unha autovía dependente da Xunta de Galicia. Actualmente da continuidade á VG-1.3 desde o P. K. 6 até a N-VI, xusto nos lindeiros entre as parroquias de Soñeiro (Sada) e Iñás (Oleiros)[1]. No futuro ligará coa AP-9 e terá unha conexión directa co polígono industrial do Espírito Santo[2].
Foi inaugurada en 2013 canda a VG-1.3 e boa parte da AC-527 e a súa construción custou 71 millóns de euros[3]. Dáse a particularidade de que os fitos quilométricos sinalan a mesma orixe cá da VG-1.3, en Veigue, non a partir do desdobramento que se produce no punto onde ha confluír co futuro acceso a Sada.
En 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos.[4] Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.[5]