![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en maio de 2019. |
AG-31 Autovía Ourense - Celanova | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada con peaxe na sombra |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 18,7 km |
Localización | |
Inicio | A-52 (saída 217) |
Fin | OU-540 Celanova |
A AG-31 ou Autovía Ourense - Celanova é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta que se atopa actualmente en servizo. A autovía é libre de peaxe e conecta a A-52 con Celanova como alternativa á OU-540. A construción da infraestrutura foi adxudicada en febreiro de 2009 ás empresas ourensás Copasa e Extraco[1] que realizaron un investimento de 121 millóns de euros e terán dereito á explotación da vía durante 30 anos baixo o nome de Autoestrada Ourense Celanova.
Xunto coa construción da autovía levaranse a cabo melloras na OU-540 a partir de Celanova ata a fronteira portuguesa, coa construción de variantes da estrada en Verea e Bande.[2][3]