AG-54 Ramal ao Carballiño da AG-53 | |
---|---|
![]() | |
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 10 km |
Localización | |
Inicio | AG-53 |
Fin | O Carballiño |
A AG-54 é unha autoestrada dependente da Xunta de Galicia que enlaza a AG-53 con Maside e coa vila do Carballiño. Construíuse conxuntamente coa AG-53, como ramal desta cara ao Carballiño, polo que a súa concesionaria é a sociedade pública ACEOUSA.
A construción comezou en xullo de 2008 cun investimento de 36 millóns de euros e púxose en servizo en outubro de 2009, acurtando a 14 minutos a viaxe entre O Carballiño e Ourense. No momento da súa apertura esperábase que tivese unha media de 9000 vehículos diarios[1].