AP-4

AP-4
Autoestrada do Sur
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europea
Lonxitude85,9 km
Localización
InicioDos Hermanas (Sevilla)
FinPuerto Real (Cádiz)

A AP-4 ou Autoestrada do Sur é unha autoestrada española, continuación da autovía A-4 cara ao sur.

A AP-4 comeza en Sevilla á altura de Dos Hermanas aproximadamente no quilómetro 560 da A-4 e termina na N-443 en Cádiz; vai paralela á estrada N-IV. É a vía máis directa desde a Baía de Cádiz á capital andaluza e tamén a máis directa (xunto á A-381) para chegar a Sevilla desde a baía de Alxeciras.

Debido a que une as cidades de Sevilla e Cádiz, en Sevilla é coñecida como a "Autoestrada de Cádiz"; e en Cádiz, chámaselle "Autoestrada de Sevilla".

En 1986 AUMAR fusionouse con Bética de Autopistas, a concesionaria da vía, e mantivo a concesión ata o 31 de decembro de 2019.[1] A peaxe entre Xerez da Fronteira e Cádiz foi liberada en 2005,[2] como parte do Plan MASCERCA da Xunta de Andalucía, garantindo deste xeito un itinerario libre de peaxe entre Cádiz e Alxeciras alternativo á N-340.

  1. "Páxina oficial de Aumar". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2012. 
  2. "A peaxe da AP-4 entre Xerez e Puerto Real queda liberada cun gasto de 72,3 millóns de euros". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 08 de febreiro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne