AP-6

AP-6
Autoestrada do Noroeste
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude66 km
Localización
InicioCollado Villalba (Madrid)
FinAdanero (Ávila)

A AP-6 ou Autoestrada do Noroeste é unha autoestrada española que discorre desde Villalba (Madrid) ata Adanero (Ávila). A concesionaria é a empresa Iberpistas do grupo Abertis.

En 2007 terminouse de construír o terceiro tunel baixo a Serra de Guadarrama e os novos carrís de circulación. Desta forma conta cun tramo con tres túneles, quedando un reversible en función das necesidades do tráfico.

A autoestrada conta con 66 km de lonxitude. Ten 4 carrís por sentido entre Collado Villalba e Guadarrama, entre os km 42 e 48, e 3 carrís por sentido entre Guadarrama e San Rafael (Segovia), entre os km 48 e 60.

Ademais está iluminada desde Collado Villalba a San Rafael, entre os km 42 e 60. A devandita iluminación continua en sentido Madrid pola A-6 ata o seu inicio en Moncloa.

Está previsto[cando?] que proximamente se amplie a 3 carrís por sentido entre San Rafael e Villacastín, entre os km 60 e 80.

A Concesionaria da Autoestrada foi Iberpistas e a concesión rematou o 30 de xaneiro de 2018, cando se incorporou a Castellana de Autopistas.[1]

  1. "Información sobre concesiones". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de febreiro de 2012.  Iberpistas

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne