ARN non codificante

Un ARN non codificante ou ARNnc (en inglés ncRNA) é unha molécula de ARN funcional que non se traduce a proteínas. Outros sinónimos menos frecuentes son ARN non codificador de proteínas, ARN non mensaxeiro e ARN funcional. O termo ARN pequeno úsase con frecuencia para referirse aos ARNnc curtos bacterianos. A secuencia de ADN a partir da que se transcribe un ARN non codificante denomínase a miúdo xene de ARN.

Entre os xenes dos ARN non codificantes inclúense os de ARNs moi abundantes e importantes funcionalmente como os ARN transferentes (ARNt) e ARN ribosómicos (ARNr), xunto cos ARN nucleolares pequenos, microARNs, ARN interferentes pequenos, os ARN que interacionan con piwi e os ARNnc longos como Xist e HOTAIR. O número de ARNnc codificados no xenoma humano descoñécese, pero recentes estudos de transcritómica e bioinformática suxiren a existencia de miles de ARNnc.[1][2][3][4], pero ver [5] Como a moitos dos ARNnc recentemente identificados non lles se confirmou a súa función, é posible que moitos sexan non funcionais.[6]

  1. Cheng J, Kapranov P, Drenkow J, Dike S, Brubaker S, Patel S, Long J, Stern D, Tammana H, Helt G, Sementchenko V, Piccolboni A, Bekiranov S, Bailey DK, Ganesh M, Ghosh S, Bell I, Gerhard DS, Gingeras TR (2005). "Transcriptional maps of 10 human chromosomes at 5-nucleotide resolution.". Science 308 (5725): 1149–54. Bibcode:2005Sci...308.1149C. PMID 15790807. doi:10.1126/science.1108625. 
  2. ENCODE Project Consortium; Birney, E; Stamatoyannopoulos, JA; Dutta, A; Guigó, R; Gingeras, TR; Margulies, EH; Weng, Z; Snyder, M (2007). "Identification and analysis of functional elements in 1% of the human genome by the ENCODE pilot project.". Nature 447 (7146): 799–816. Bibcode:2007Natur.447..799B. PMC 2212820. PMID 17571346. doi:10.1038/nature05874. 
  3. Washietl S, Pedersen JS, Korbel JO, Stocsits C, Gruber AR, Hackermüller J, Hertel J, Lindemeyer M, Reiche K, Tanzer A, Ucla C, Wyss C, Antonarakis SE, Denoeud F, Lagarde J, Drenkow J, Kapranov P, Gingeras TR, Guigó R, Snyder M, Gerstein MB, Reymond A, Hofacker IL, Stadler PF (2007). "Structured RNAs in the ENCODE selected regions of the human genome.". Genome Res 17 (6): 852–64. PMC 1891344. PMID 17568003. doi:10.1101/gr.5650707. 
  4. Morris, KV (editor) (2012). Non-coding RNAs and Epigenetic Regulation of Gene Expression: Drivers of Natural Selection. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-94-3. 
  5. van Bakel H, Nislow C, Blencowe BJ, Hughes TR (2010). Eddy, Sean R., ed. "Most "dark matter" transcripts are associated with known genes". PLoS Biol 8 (5): e1000371. PMC 2872640. PMID 20502517. doi:10.1371/journal.pbio.1000371. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2012. 
  6. Hüttenhofer A, Schattner P, Polacek N (2005). "Non-coding RNAs: hope or hype?". Trends Genet 21 (5): 289–97. PMID 15851066. doi:10.1016/j.tig.2005.03.007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne