ARNr 5S | |
---|---|
![]() Estrutura secundaria predita e conservación de secuencia do ARNr 5S | |
Identificadores | |
Rfam | RF00001 |
Outros datos | |
Dominio(s) | Eukaryota; Bacteria; Archaea |
GO | 0005840 0003735 |
Estruturas PDB | PDBe |
O ARNr 5S (ou 5S rRNA) é un ARN ribosómico de aproximadamente 120 nucleótidos de longo cunha masa de 40 kDa, que é un compoñente estrutural e funcional da subunidade maior (de 50S) dos ribosomas de bacterias, arqueas e eucariotas, coa excepción dos ribosomas mitocondriais de fungos e animais. A denominación 5S débese a que esa é a velocidade de sedimentación da molécula nunha ultracentrífuga, medida en unidades svedberg (S).[1]