A Ermida | |
---|---|
![]() Vista da aldea de San Vitorio | |
Concello | Quiroga[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°29′02″N 7°15′02″O / 42.48376361, -7.25062056 |
Poboación | 127 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María da Ermida é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 137 habitantes (61 homes e 76 mulleres), 48 menos ca en 1999.
Da igrexa parroquial procede o crismón de Quiroga, relevo en mármore labrado entre os anos 420 e 450 en honor dalgún nobre romano e peza clave da arte paleocristiá. Exponse no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.