A Ponte Borela | |
---|---|
![]() Ponte medieval. | |
Parroquia | Borela |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°26′33″N 8°31′41″O / 42.442502430655, -8.5279574378128 |
Poboación | 35 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), 5 máis ca en 2006.
Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz. Tamén hai un cruceiro de 1843.