A orixe das especies

A orixe das especies
Portada da edición de 1859.[1]
Título orixinalOn the Origin of Species
Autor/aCharles Darwin
OrixeReino Unido Reino Unido
Linguainglés
Tema(s)Selección natural
Xénero(s)Ciencia, bioloxía
Data de pub.24 de novembro de 1859
FormatoImpreso (Tapas duras)
Páxinas502
Na rede
BNE: XX2039885
editar datos en Wikidata ]

Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, publicada o 24 de novembro de 1859, é unha obra do naturalista británico Charles Robert Darwin [2]. O seu enorme éxito de vendas permitiu sacar ata seis edicións corrixidas e aumentadas en vida do seu autor. O seu título completo desde a 1ª á 5ª edición británica foi: Sobre a orixe das especies por medio da selección natural, ou a conservación das razas favorecidas na loita pola vida (tradución de «On the Origin of Species by Means of Natural Selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life»). A sexta edición, do 19 de febreiro de 1872, suprime do título a preposición inicial "Sobre" ("On", no orixinal). Aínda que non se suprimise do título a frase posterior, axudou a estabilizar a forma breve A orixe das especies como o título que se popularizou nas traducións.

É considerado un dos libros máis importantes da historia da bioloxía e do pensamento científico e humanístico. Darwin expón nel a teoría evolutiva dos organismos vivos por selección natural. Un mecanismo tan simple como explicación da complexidade do mundo non soamente chocou directamente coas ideas tradicionais sobre a Creación, e polo tanto, cos poderes da Igrexa, senón tamén cos cálculos realizados pola elite da Física (Lord Kelvin e outros), sobre a idade da Terra, que non eran correctos[3]. No momento de publicación, as estimacións de 100 millóns[4] de anos resultaban insuficientes como para concibir a evolución de toda a diversidade de vida mesmo para o propio Darwin. Foi necesario un cambio profundo na física para que esta obxección desaparecese: o descubrimento da radioactividade.[5]

  1. Darwin 1859, p. iii
  2. Darwin-online. "Darwin Online". Consultado o 21/10/2015. 
  3. Dalrymple, G. Brent (1994-02-01). The Age of the Earth. Stanford University Press. Páx. 14-17, 38. ISBN 0-8047-2331-1.
  4. England, Philip C.; Molnar, Peter; Richter, Frank M. (2007). "Kelvin, Perry and the Age of the Earth" (PDF). American Scientist 95 (4): 342–349. doi:10.1511/2007.66.3755. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xullo de 2010. Consultado o 04 de febreiro de 2019. 
  5. Patterson, Claire (1956). "Age of meteorites and the earth" (PDF). Geochimica et Cosmochimica Acta 10 (4): 230–237. Bibcode:1956GeCoA..10..230P. doi:10.1016/0016-7037(56)90036-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2010. Consultado o 04 de febreiro de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne