Ableton Live | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ableton AG |
Publicación inicial | 30 de outubro de 2001 |
Escrito en | C++ |
Sistema operativo | Windows, macOS |
Sitio web | www |
Ableton Live, denominado coloquialmente como Ableton,[1] é un programa informático coas funcións dunha estación de traballo de son dixital para macOS e Windows desenvolvido pola empresa alemá Ableton.
En contraste con moitos outros secuenciadores de software, Live está deseñado para ser un instrumento para espectáculos en directo, así como unha ferramenta para compoñer, gravar, arranxar, mesturar e masterizar. Tamén é usado polos DJs, xa que ofrece un conxunto de controis para beatmatching, crossfading e outros efectos diferentes empregados polos turntablists, e foi unha das primeiras aplicacións musicais en combinar cancións automaticamente.[2]