Aborixes australianos

Aborixes australianos
Poboación
Poboación total:
984 000 (2021)[1]
3,8% do total da poboación de Australia 
Rexións principais:
Territorio do Norte30,3%
Tasmania5,5%
Queensland4,6%
Australia Occidental3,9%
Nova Gales do Sur3,4%
Australia Meridional2,5%
Territorio da Capital Australiana1,9%
Victoria0,9%
Aspectos culturais
LinguaLinguas aborixes, inglés
RelixiónCristianismo 73%
Non crentes 24%
Animismo (Tempo do Soño) 1%
Grupos
relacionados
Insulares do estreito de Torres, papúas e kanaka

Os aborixes australianos son, xunto cos insulares do estreito de Torres, os descendentes dos primeiros habitantes do continente australiano e as súas illas adxacentes. Segundo a lexislación australiana, ámbolos dous pobos constitúen o conxunto dos pobos indíxenas do país. O territorio tradicional dos aborixes esténdese por toda Australia, Tasmania e as Illas do estreito de Torres. Dende 1988, no día do bicentenario de Australia, moitos deles rexeitaron o nome "aborixe" (do latín ab origen que define ós autóctonos dun poboamento)[2] e prefiren o termo koori (o noso pobo, en moitas linguas aborixes), xa que o termo adquiriu connotacións negativas e ten reminiscencias do pasado colonial.[3] Dende os anos 80 está a coller forza o termo "indíxena australiano" por ser máis inclusivo.[4]

Distínguense dous tipos de aborixes australianos, os do continente e Tasmania e os das Illas do estreito de Torres. Estes últimos son considerados diferentes porque tanto lingüisticamente como cultural e fisicamente seméllanse máis ós melanesios de Nova Guinea. A poboación de indíxenas Australianos no momento de colonización permanente Europea estimouse entre uns 318 000[5] e 1 000 000,[6] cunha distribución semellante á da poboación actual de Australia, na que a maioría vive no sueste do contintente.[7]

  1. "Estimates of Aboriginal and Torres Strait Islander Australians". Australian Bureau of Statistics. xuño de 2023. 
  2. O termo era usado polos romanos para referirse ós poboadores indíxenas da península itálica: Conspiracy of Catiline (Bellum Catilinae), ch. 6.
  3. "UNSW guide on How to avoid Discriminatory Treatment on Racial of Ethnic Grounds". Infonet.unsw.edu.au. Consultado o 9 de agosto de 2009.
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome terminology-flinders
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pop_abs2
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pop_abs
  7. Pardoe, C. (2006). "Becoming Australian". Before Farming 2006: 1–21. doi:10.3828/bfarm.2006.1.4. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne