Academia Brasileira de Letras | |
---|---|
![]() | |
Tipo | regulador lingüístico, museo, edificio e academia de ciencias |
Data de fundación | 1896 |
Fundador(es) | Joaquim Maria Machado de Assis e Oliveira Lima |
Presidente/a | Merval Pereira (pt) ![]() ![]() |
Premios | Orde do Mérito Cultural, Membro-Honorário da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Gran Cruz da Orde de Santiago da Espada |
Localización | |
Sede | Río de Xaneiro |
Enderezo | Avenida Presidente Wilson, nº 203 - Centro, Rio de Janeiro - RJ, 20030-021 e Av. Presidente Wilson, nº 203 - Centro |
En | Río de Xaneiro e Centro |
País | Brasil |
22°54′39″S 43°10′23″O / -22.910833333333, -43.173055555556 | |
Na rede | |
http://www.academia.org.br/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Academia Brasileira de Letras (ABL) GCSE • MHSE é unha institución literaria brasileira fundada na cidade de Río de Xaneiro o 20 de xullo de 1897 polos escritores Machado de Assis, Lúcio de Mendonça, Inglês de Sousa, Olavo Bilac, Afonso Celso, Graça Aranha, Medeiros e Albuquerque, Joaquim Nabuco, Teixeira de Melo, Vizconde de Taunay e Ruy Barbosa.[1] Está composto por corenta membros efectivos e perpetuos (por iso son alcumados imortais)[2] e por vinte membros estranxeiros.[3]
O seu obxectivo é cultivar a lingua portuguesa [4] e a literatura brasileira. Recoñécese o seu mérito polos seus esforzos históricos a prol da unificación da lingua, do portugués brasileiro e do portugués europeo. É dicir, tivo un papel importante no Acordo Ortográfico de 1945, acadado conxuntamente coa Academia das Ciências de Lisboa,[5] ademais de ser un novo interlocutor respecto do Acordo Ortográfico de 1990.
A institución encárgase de publicar obras de gran valor histórico e literario, e concede varios premios literarios.[5] [6] A ABL remóntase a finais do século XIX, cando os escritores e intelectuais brasileiros querían crear unha academia nacional na liña da Academia Francesa.[7]