Acelos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Organismos tipo verme plano de cor laranxa, que son individuos de Waminoa (acelo) sobre un coral Plerogyra ("burbulas" brancas) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Os acelos ('Acoela) son unha orde de invertebrados pequenos e simples do subfilo Acoelomorpha do filo Xenacoelomorpha, un grupo de bilaterais que se ramificou moi cedo na árbore evolutiva dos animais, que lembran a vermes planos. Historicamente foron tratados como unha orde de vermes planos turbelarios.[1][2]
A etimoloxía de acelo (acoela) procede do grego antigo ἀ (a), alfa privativo, que expresa negación ou ausencia, e κοιλία, (koilia), que significa 'cavidade'.[3][4] Isto refírese a que os acelos teñen unha estrutura corporal que carece dunha cavidade corporal chea de líquido.