A acrobacia é unha arte escénica e un deporte, caracterízase por exercicios de habilidade co propio corpo e implica equilibrio, axillidade e coordinación, ben sexa na corda frouxa, no trapecio ou nun avión. Está presente nalgunhas actividades deportivas como a ximnasia[1] e consititúe modernamente un deporte de seu, a ximnasia acrobática[2], e é un compoñente de certos bailes e tradicións populares como os Castells, e tamén en espectáculos como o circo[3] e o cine[4]