![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A acromatopsia é unha patoloxía conxénita do sistema visual que se manifesta por unha ausencia de visión das cores nunha parte ou na totalidade do campo visual[1]. A acromatopsia total é rara e para o que a padece todo semella grisallo, pode ser unha acromaptopsia conxénita ou unha acromaptopsia cerebral de se producir despois dunha lesión cerebral[2]. A acromatopsia parcial ou febleza cromática consiste en non poder percibir certas cores, a máis frecuente é a que afecta as cores verde e vermella[3] que se observan como se fosen a mesma cor, xeralmente dunha cor amarela pardacenta. Esta perda vencéllase a un xene recesivo que só aparece nos cromosomas X e polo tanto a incidencia os homes é moito maior ca entre as mulleres.[4]