Acuicultura

Unha batea nunha ría galega.

A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticos[1], especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.

  1. Robert R. Stickney Aquaculture: an introductory text. CABI, 2005, páxina 1

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne