Acurralado

Acurralado
Logo de Rambo.
Ficha técnica
Título orixinalFirst Blood
DirectorTed Kotcheff
Produtor
Guión
Baseado enFirst Blood de David Morrell
Intérpretes
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaAndrew Laszlo
MontaxeJoan E. Chapman
Estudio
  • Anabasis N.V.
  • Elcajo Productions
Distribuidora
Estrea22 de outubro de 1982
Duración93 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$15 000 000[2]
Recadación$125 200 000[2]
Filme seguinteRambo: First Blood Part II
Na rede
IMDB: tt0083944 Filmaffinity: 922584 Allocine: 2007 Rottentomatoes: m/first_blood Mojo: firstblood Allmovie: v17472 TCM: 74983 Metacritic: movie/first-blood TV.com: movies/rambo-first-blood Netlix: 70017963 Editar o valor en Wikidata

Acurralado (en inglés: First Blood) é un filme estadounidense de acción dirixido por Ted Kotcheff que se estreou en 1982. Foi coescrito e protagonizado por Sylvester Stallone no papel de John Rambo, un veterano da guerra de Vietnam que debe empregar as súas habilidades de combate e supervivencia para loitar contra a aplicación abusiva da lei nunha vila pequena. Baséase na novela de David Morrell First Blood e é o primeiro título da franquía Rambo. Brian Dennehy e Richard Crenna tamén aparecen en papeis secundarios.

O filme foi estreado nos Estados Unidos o 22 de outubro de 1982. Malia as críticas diversas, foi un éxito de recadación con máis de $47,2 millóns. Dende a súa estrea, Acurralado foi eloxiado polas personaxes interpretadas por Stallone, Dennehy e Crenna, e recoñeceuse a súa influencia no xénero de acción. Tamén se converteu nun filme de culto. O seu éxito motivou tres secuelas (todas elas coescritas e protagonizadas por Stallone), a serie animada Rambo: The Force of Freedom, banda deseñada, novelas e un remake de Bollywood. Un quinto filme, orixinalmente titulado Rambo: Last Stand, foi cancelado en xaneiro de 2016 cando Stallone dixo que non retomaría a personaxe.[3]

  1. British Board of Film Classification, ed. (10 de novembro de 1982). "FIRST BLOOD (15)". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2015. 
  2. 2,0 2,1 boxofficemojo.com (ed.). "First Blood (1982) - Box Office Mojo". 
  3. Setoodeh, Ramin. "Sylvester Stallone Is Retiring From Playing Rambo". Variety. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne