Adenosina

Adenosina.

A adenosina é un nucleósido formado pola unión da adenina cunha ribosa (ou ribofuranosa) por medio dun enlace glicosídico β-N9. A adenina que contén é unha purina sintetizada a partir da degradación de aminoácidos como metionina, treonina, valina e isoleucina e do AMP.[1] Utilízase como fármaco en certas doenzas cardíacas. Cando se une a un fosfato orixina o nucleótido AMP, que forma parte do sistema AMP/ADP/ATP, que é fundamental no almacenamento e cesión de enerxía na célula.

  1. "Visão Bioquímica. Desenvolvido na Universidade de Brasília". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne