Adina, Sanxenxo

Adina
Igrexa parroquial
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333
Área10,5 km²
Poboación4.783 hab. (2016)
Densidade455,52 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]
Adina no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.

Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur coa ría de Pontevedra, ó leste coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra) e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne