![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
A adolescencia é unha fase de desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, entre a infancia e a madureza plena. O adolescente, en xeral, aínda non consegue autoafirmación emocional e economicamente na sociedade. A adolescencia engloba a preadolescencia (Dos 9/10 aos 12/13 anos de idade, aproximadamente) e a adolescencia propiamente dita (Dos 13/14 aos 19/20 anos)
A pasaxe da infancia para a adolescencia está marcada polas transformacións físicas e fisiolóxicas da puberdade, que, xeralmente, ocorre antes dos 13 anos de idade. A idade considerada normal para o paso a adulto (maioridade) varía moito segundo as culturas. Por exemplo, no Xapón, en xaneiro, celébrase a cerimonia da maioridade (ou 成人式) (ver Calendario Xaponés).