Adolf Heusinger, nado en Holzminden na Baixa Saxonia, daquela no Imperio Alemán, o 4 de agosto de 1897 e finado en Colonia, 30 de novembro de 1982, entón na Alemaña Occidental (RFA) foi un xeneral alemán.
Despois de loitar na primeira guerra mundial, dirixiu a Operationsabteilung da Wehrmacht (Departamento de Operacións) de 1940 a 1944 na Alemaña nazi. Despois da Segunda guerra mundial estivo entre os creadores da nova Bundeswehr da RFA, da que chegou a ser inspector xeral en 1957. De 1960 a 1964 presidiu o Comité Militar da OTAN en Washington.[1]