Biografía | |
---|---|
Nacemento | 502 (Gregoriano) ![]() Diyarbakır, Turquía (pt) ![]() ![]() |
Morte | 575 (Gregoriano) ![]() Alexandría, Exipto ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor ![]() |
Período de tempo | Imperio Bizantino ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século VI ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, (sec:Aetius) Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
Aecio de Amida (en grego antigo: Ἀέτιος Ἀμιδηνός, latín: Aëtius Amidenus), nado en Amida, sueste da Anatolia en 502 e finado en 575, foi un escritor e médico bizantino,[1] especialmente distinguido pola súa grande erudición.[2] Os historiadores non están de acordo sobre o período histórico en que viviu. É descrito por algúns escritores como vivindo o século IV; mais é evidente, a partir dos seus propios traballos, que estivo en plena actividade a finais do século V, ou comezos do VI, unha vez que se refire non só ao patriarca Cirilo de Alexandría, que morreu en 444,[3] mais tamén a Pedro 'arquiatro' (o primeiro dos médicos), que podería ser identificado co médico de Teodorico o Grande,[4] a quen define como sendo un contemporáneo. El mesmo é citado por Alexandre de Trales,[5] que viviu probabelmente a mediados do século VI. Era probabelmente cristián, o que talvez poida ser explicado, por ser confundido con Aecio de Antioquía, un famoso ariano, que viviu no tempo do emperador Xuliano.