Aeroporto de Glasgow-Prestwick Glasgow Prestwick Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Escocia | ||
Operador | Prestwick Aviation Holdings Ltd | ||
Localización | Prestwick | ||
Elevación (msnm) | 20 metros / 65 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 986 | 9 797 | formigón/asfalto |
03/21 | 1 905 | 6 250 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 673 232 |
O aeroporto de Glasgow-Prestwick (IATA: PIK, OACI: EGPK) é un aeroporto que serve o oeste de Escocia. Está situado a 1,9 quilómetros de Prestwick e a 51 do centro da cidade de Glasgow. É o menos concorrido dos dous aeroportos que serven a zona, sendo o outro o aeroporto de Glasgow. Podería converterse no centro de conexións europeo para voos espaciais comerciais[1] e é o principal canditato escocés para desenvolverse como o primeiro porto espacial do Reino Unido competindo co aeroporto de Cornualla Newquayand e o aeroporto de Llanbedr.
Glasgow-Prestwick é o quinto aeroporto máis concorrido de Escocia en número de pasaxeiros despois dos aeroportos de Edimburgo, Glasgow, Aberdeen e Inverness. O tráfico de pasaxeiros chegou a un pico de 2,4 millóns no ano 2007 tras unha década de rápido crecemento grazas principalmente a aeroliñas de baixo custo. Nos últimos anos o tráfico decreceu e en 2016 só pasaron polo aeroporto 673 232 pasaxeiros.[2]