Aeroporto de Halifax-Stanfield

Aeroporto de Halifax-Stanfield
Halifax Stanfield International Airport
Aéroport international Stanfield d'Halifax

IATA: YHZ – ICAO: CYHZ
Sumario
Tipo público
Propietario Transport Canada
Operador Halifax International Airport Authority
Cidade/Illa Halifax, Nova Escocia
Localización Enfield
Elevación (msnm) 145 metros / 477 pés
Coordenadas
Web http://halifaxstanfield.ca/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 3 200 10 500 asfalto/formigón
14/32 2 347 7 700 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 3 908 799

O aeroporto internacional de Halifax-Stanfield (IATA: YHZOACI: CYHZ) é un aeroporto canadense situado en Enfield, Nova Escocia, unha área de Halifax. Serve á cidade de Halifax, a zona continental de Nova Escocia e a áreas adxacentes das provincias marítimas veciñas. O aeroporto foi bautizado na honra de Robert Stanfield, o 17º Premier de Nova Escocia e líder do Partido Conservador Progresista do Canadá.

O aeroporto pertence a Transport Canada dende a súa construción e vén sendo operado dende o ano 2000 por Halifax International Airport Authority (HIAA). Forma parte do Sistema Nacional de Aeroportos.

Halifax-Stanfield é o oitavo aeroporto máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 908 799 pasaxeiros nun total de 80 278 movementos de avións.[1] O aeroporto é un centro de conexións para Air Canada Express, Cougar Helicopters, Maritime Air Charter, PAL Airlines e SkyLink Express.

  1. Halifax Stanfield International Airport (ed.). "Airport Statistics". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne