Aeroporto de St. Louis Lambert

Aeroporto de St. Louis Lambert
St. Louis Lambert International Airport

IATA: STL – ICAO: KSTL – FAA: STL – LID: STL
Sumario
Tipo público
Propietario Cidade de St. Louis
Operador St. Louis City Airport Commission
Cidade/Illa St. Louis
Elevación (msnm) 184 metros / 605 pés
Coordenadas
Web https://www.flystl.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12R/30L 3 359 11 019 formigón
12L/30R 2 744 9 003 formigón
11/29 2 743 9 000 formigón
6/24 2 317 7 602 formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 14 730 656[1]

O aeroporto internacional de St. Louis Lambert (IATA: STLOACI: KSTL) é un aeroporto estadounidense que serve a área metropolitana de St. Louis, Missouri. Está situado a 23 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. Comunmente chamado aeródromo Lambert, é o máis grande e concorrido de Missouri, cunhas 270 saídas diarias a uns 80 destinos.[2] No ano 2017 14,7 millóns de pasaxeiros viaxaron a través do aeroporto.[1] O aeroporto serve como centro de conexións para Air Choice One e Cape Air, e tamén é unha cidade focal para Southwest Airlines.

St. Louis ten dous aeroporto comerciais servindo a síúa área metropolitana. St. Louis Lambert é o principal, e o aeroporto MidAmerica St. Louis, a 59 quilómetros ao leste, serve como aeroporto metropolitano secundario. Os dous aeroportos están conectados pola liña vermella do tren lixeiro MetroLink de St. Louis.

Bautizado na honra de Albert Bond Lambert, medallista olímpico e prominente aviador de St. Louis, o aeroporto fíxose famoso no século XX grazas á súa asociación con Charles Lindbergh, o seu innovador control de tráfico aéreo, o seu status como centro de conexións de Trans World Airlines e a súa icónica terminal. Deseñado por Minoru Yamasaki, o edificio inspirou a terminais do aeroporto internacional John F. Kennedy en Nova York e do aeroporto Charles de Gaulle en París.[3]

  1. 1,0 1,1 STL (ed.). "CY2017 Passenger & Operation Statistics" (PDF). Consultado o 9 de maio de 2018. 
  2. STL (ed.). "STL Passenger and Airline Activity Growth Holds Strong through 2nd Qtr. of 2017". Consultado o 9 de maio de 2018. 
  3. Lambert-St. Louis International Airport (ed.). "The History of Lambert - St. Louis International Airport". Archived from the original on 04 de febreiro de 2005. Consultado o 9 de maio de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne