Aeroporto de Trivandrum

Aeroporto de Trivandrum

IATA: TRV – ICAO: VOTV
Sumario
Tipo público
Operador Airports Authority of India
Cidade/Illa Thiruvananthapuram, Kollam, Nagercoil, Pathanamthitta, Kanyakumari
Localización Thiruvananthapuram
Elevación (msnm) 4 metros / 13 pés
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14/32 3 400 11 155 asfalto
Estatísticas (2017-2018)
Pasaxeiros 4 393 469[1]

O aeroporto internacional de Trivandrum (IATA: TRVOACI: VOTV) é un aeroporto indio que serve principalmente ás cidades de Trivandrum, Nagercoil, Kanyakumari e Kollam. É o primeiro aeroporto do estado de Kerala e foi o quinto aeroporto internacional do país en 1991. O aeroporto é unha base secundaria para Air India Express.

A súa terminal atópase a 3,7 quilómetros ao oeste do centro da cidade, a 16 da praia de Kovalam beach, a 13 do parque tecnolóxico de Thiruvananthapuram e a 21 do porto internacional de Vizhinjam en construción. Hai voos cara ao Oriente Medio e o sueste asiático dende este aeroporto.

Ademais das operacións civís, o aeroporto de Trivandrum é usado pola Forza Aérea da India e a Garda Costeira para as súas operacións estratéxicas. A Forza Aérea ten unha plataforma exclusiva para as súas operacións. O aeroporto tamén é o fogar da Rajiv Gandhi Academy for Aviation Technology que leva a cabo actividades de adestramento para pilotos.[2]

En Trivandrum atópase a unidade de mantemento, revisión e reparación dos avións de fuselaxe estreita de Air India, formada por dous hangares xemelgos onde se traballa con Boeing 737, servindo principalmente á frota de Air India Express.

  1. Airports Authority of India (ed.). "Traffic News for the month of March 2018" (PDF). Consultado o 7 de maio de 2018. 
  2. Rajiv Gandhi Academy (ed.). "About us". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 7 de maio de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne