Aeroporto de Wellington

Aeroporto de Wellington
Wellington International Airport

IATA: WLG – ICAO: NZWN
Sumario
Tipo público
Operador Wellington International Airport Ltd
Cidade/Illa Wellington
Elevación (msnm) 13 metros / 42 pés
Coordenadas
Web wellingtonairport.co.nz
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 2 081 6 827 betume acalanado
Estatísticas (2016-2017)
Pasaxeiros 6 049 194[1]

O aeroporto internacional de Wellington (IATA: WLGOACI: NZWN), anteriormente coñecido como aeroporto de Rongotai, é un aeroporto situado no suburbio de Rongotai da cidade de Wellington, a capital de Nova Zelandia. Atópase a 5,5 quilómetros ao sueste do centro da cidade. É un centro de conexións para Air New Zealand e as súas subsidiarias. Wellington International Airport Limited, unha empresa conxunta formada entre Infratil e o Consello da cidade de Wellington, opera o aeroporto.

Wellington é o terceiro aeroporto máis concorrido de Nova Zelandia (despois de Auckland e Christchurch) sendo usado por un total de 6 049 194 pasaxeiros no ano que rematou o 31 de marzo de 2017.[1] O aeroporto, ademais de unir moitos destinos de Nova Zelandia con aeroliñas nacionais e rexionais, tamén ten voos cara a grandes cidades no leste de Australia. É tamén fogar dalgúns pequenos negocios de aviación xeral, incluído o Aero Club de Wellington.

O aeroporto ocupa unha superficie de 110 hectáreas[2] nunha pequena parte do istmo de Rongotai, un tramo de terras baixas entre o propio Wellington e a peníncula de Miramar. Ten unha única pista de 2 081 metros con ILS en ámbalas dúas direccións.

  1. 1,0 1,1 Wellington Airport (ed.). "Traffic Reports". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  2. Wellington Airport (ed.). "Wellington Airport: Frequently Asked Questions". Archived from the original on 28 de setembro de 2007. Consultado o 10 de febreiro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne