Aeroporto Internacional John F. Kennedy John F. Kennedy International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Cidade de Nova York | ||
Operador | Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey | ||
Cidade/Illa | Nova York | ||
Localización | Queens, Nova York | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 13 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
4L/22R | 11.351 | 3.460 | Cemento e Asfalto |
4R/22L | 8.400 | 2.560 | Asfalto |
13L/31R | 10.000 | 3.048 | Asfalto |
13R/31L | 14.572 | 4.442 | Cemento e Asfalto |
Heliporto(s) | |||
Número | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
H1 | 18 | 60 | Asfalto |
H2 | 60 | 18 | Asfalto |
H3 | 60 | 18 | Asfalto |
H4 | 60 | 18 | Asfalto |
Estatísticas (2011 [1]) | |||
Operacións Aéreas | 408,913 | ||
Pasaxeiros | 47,683,529 |
O Aeroporto Internacional John F. Kennedy (IATA: JFK, OACI: KJFK, FAA LID: JFK) orixinalmente coñecido como o Aeroporto Idlewild, é un aeroporto internacional localizado en Queens ao sueste da cidade de Nova York, Estados Unidos, a uns 20 km de Manhattan.
O aeroporto está operado pola Port Authority of New York and New Jersey (Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey), que tamén opera tres aeroportos na área metropolitana da cidade de Nova York (o Newark Airport, o LaGuardia e o Teterboro), mais o John F. Kennedy é o máis grande de todos. É a base de operacións de JetBlue Airways e o aeroporto de entrada principal internacional para Delta Air Lines e American Airlines.
O JFK é o aeroporto con maior cantidade de entradas de pasaxeiros internacionais nos Estados Unidos e tamén en cargo. As saídas internacionais de JFK representaron o 17 % de todos os pasaxeiros que viaxaron transoceánicamente no 2004, a porcentaxe máis grande nos Estados Unidos. No 2000, dirixiu por termo medio 50 000 pasaxeiros internacionais ao día. A ruta que conecta este aeroporto co de Heathrow en Londres é a ruta máis transitada en voos internacionais dos Estados Unidos con máis de 2,9 millóns de pasaxeiros no ano 2000.
Aínda que é coñecido como o aeroporto con maior número de pasaxeiros internacionais, tamén dirixe voos nacionais, a maior parte á costa oeste. No 2005 o aeroporto dirixiu máis de 41 millóns de pasaxeiros, que sumados aos 33 millóns de Newark Liberty e os 26 de LaGuardia suman aproximadamente 100 millóns de pasaxeiros, facendo sito que o espazo aéreo de Nova York sobrepase ao de Chicago como o máis ocupado dos Estados Unidos.