Aeroporto LaGuardia

Aeroporto LaGuardia
LaGuardia Airport

IATA: LGA – ICAO: KLGA – FAA: LGA
Sumario
Tipo público
Propietario cidade de Nova York
Operador Port Authority of New York and New Jersey
Cidade/Illa Nova York
Localización East Elmhurst, Queens
Elevación (msnm) 6 metros / 21 pés
Coordenadas
Web http://laguardiaairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 2 134 7 001 asfalto/formigón
13/31 2 135 7 003 asfalto/formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 29 786 769

O aeroporto LaGuardia (IATA: LGAOACI: KLGA) é un aeroporto situado na parte norte da veciñanza neoiorquina de Queens. Atópase ao lado do mar, entre as baías de Flushing e Bowery da área de East Elmhurst nos límites das veciñanzas de Astoria e Jackson Heights. É o terceiro máis concorrido que serve á cidade de Nova York e o 20º máis concorrido dos Estados Unidos.

No ano 2016 o tráfico de pasaxeiros medrou fortemente no aeroporto, pasando nese ano 29,8 millóns, un 14,2% máis que o ano anterior.[1] LaGuardia é o aeroporto máis concorrido do país sen servizos sen escalas a Europa. Unha regra prohibe voos sen escalas a puntos afastados a máis de 1 500 millas, pero hai excepcións nalgúns voos os sábados e cara Denver.[2] A meirande parte dos voos transcontinentais e internacionais utilizan os próximos aeroportos de Nova York-JFK ou de Newark, xa que en LaGuardia non hai control de fronteiras.[3]

O aeroporto Glenn H. Curtiss (chamado así polo pioneiro da aviación Glenn Hammond Curtiss), e posteriormente rebautizado como aeroporto de North Beach,[4] foi o primeiro aeroporto que houbo no lugar. O nome cambiou despois de que a cidade de Nova York se fixese co seu control e o reconstruíse, pasando a chamarse aeroporto municipal de Nova York-LaGuardia Field. En 1953 converteuse no aeroporto LaGuardia polo alcalde da cidade cando foi construído, Fiorello La Guardia.

LaGuardia ten sido criticado por ter algunhas instalacións anticuadas. O antigo vicepresidente Joe Biden comparou LaGuardia cun "país do terceiro mundo" e o aeroporto foi clasificado en numerosas enquisas a clientes como o peor dos Estados Unidos.[5] Entre os pilotos adoita a coñecerse como "USS LaGuardia", debido a que as pistas son curtas e está rodeado por auga, dando a sensación de estar aterrando nun portaavións.[6]

  1. Port Authority of New York and New Jersey (ed.). "Agency sets total airport passenger record for second year in a row". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. The New York Times (ed.). "Why You Can’t Get There From La Guardia". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  3. The New York Sun (ed.). "Long Distance at La Guardia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  4. Newsday (ed.). "Major Airports Take Off / Mayor LaGuardia's complaint leads to an airport; but soon, another is needed". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  5. Yahoo (ed.). "Biden compares New York's LaGuardia Airport to 'Third World country'". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  6. Gadling (ed.). "Cockpit Chronicles: A Landing Fit For A King". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne