Aeroporto de Aberdeen Aberdeen International Airport
Port-adhair Obar Dheathain | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | AGS Airports | ||
Operador | Aberdeen International Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Aberdeen | ||
Localización | Dyce | ||
Elevación (msnm) | 66 metros / 215 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 1 953 | 6 407 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 2 955 338 |
O aeroporto internacional de Aberdeen (IATA: ABZ, ICAO: EGPD) é un aeroporto internacional situado en Dyce, un suburbio da cidade escocesa de Aberdeen, a uns 9,3 km ao noroeste do seu centro. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 955 338 pasaxeiros, un 15% menos que no ano anterior.[1] O seu propietario é AGS Airports, que tamén ten os aeroportos de Glasgow e Southampton.
O aeroporto de Aberdeen é unha base para BMI Regional, Eastern Airways, Flybe e Loganair. Tamén serve como principal heliporto para a industria petrolífera escocesa no mar do Norte. Os aparellos máis modernos poden acadar as plataformas máis afastadas da zona das Shetland. Porén, os helicópteros normalmente usan Wick, Kirkwall, Scatsta e Sumburgh como paradas para reabastecer combustible.
Ten unha terminal principal, que serve voos de vacacións regulares e chárter. Ademais, hai catro terminais dedicadas a operacións de helicópteros no mar do Norte, usadas por Bristow Helicopters, CHC-Scotia, NHV Helicopters e Bond Offshore Helicopters. Tamén hai unha pequena terminal pegada á principal, Broomfield House, usada principalmente por voos chárter de compañías petrolíferas ata Scatsta in Shetland, operados por Eastern Airways.